- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2019
- Materia
- Historia
- ISBN:
- 978-84-9151-426-8
- Páginas:
- 560
SERVIR ERA O PAN DO DEMO. HISTORIA DA VIDA COTIÁ EN GALICIA. (SÉCULOS XIX E XX)
CASTRO PEREZ, XAVIER
Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e galegos normais para saber como comían, bebían, cantaban, namoraban en definitiva, como era a vida segundo a clase social á que pertencecen, pois non era igual para os fidalgos que para os labregos, para os burgueses que para as serventes. Nada é alleo á pescuda e ao estudo do autor, e así, a familia, a vivenda, a roupa, a hixiene, os labores e atafegos económicos Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.