- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Libros de consulta
- ISBN:
- 978-84-9995-348-9
- Páginas:
- 24
- Colección:
- 6< Genérica >
POR TOBOS E TOBEIRAS
PACKOVÁ, MARKÉTA
Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños subterráneos para visitar felices familias de coellos, veremos se cadra osos a durmir nas súas camas ou algúns armiños falcatrueiros.
Esta enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal; entre outras, o feito de que o oso pardo, aparentemente impoñente e temido, prefire manterse a unha distancia prudencial dun certo animalciño miúdo
A obra presentásenos con dúas ofertas distintas, mais complementarias, de achegamento de información: a) a tradicional, co formato dunha enciclopedia, que dá a coñecer algúns dos animais máis habituais nestes biótopos; b) un modelo de tobo, con páxinas troqueladas, no que os seus habitantes non informan de forma simpática e divertida o seu particular modo de vida.