- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2006
- Materia
- Libros prácticos
- ISBN:
- 978-84-96526-70-9
- Páginas:
- 240
- Colección:
- GUIA DA NATUREZA. BAIA VERDE
GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA
NIÑO RICOI, HENRIQUE
A Guía das árbores de Galicia alcanza a súa 3ª edición nunha andaina que vén cubrindo de forma exitosa un espazo na literatura do natural e proporcionando un material que se converteu en imprescindíbel non só para as persoas afeccionadas e amantes da natureza, tamén para estudosas e investigadoras.
Ilustrada a toda cor e cunha linguaxe accesíbel a todas as persoas, que, á vez, non escapa do rigor científico esixido a unha obra destas características, recolle e analiza as 91 especies autóctonas ou naturalizadas de árbores e arbustos máis representativos dos nosos montes, mostrando por primeira vez especies que, sen ser propiamente arbóreas, constitúen de forma específica ou conxuntamente con outras ecosistemas de gran valor natural e ecolóxico.
A Guía é unha proposta de coñecemento, tamén de chamada á protección e conservación do medio natural galego.