- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA
- Año de edición:
- 2018
- Materia
- Biografías, memorias y cartas
- ISBN:
- 978-84-9121-395-6
- Páginas:
- 232
- Colección:
- CRONICA
CONVERSAS CON PACO DEL RIEGO
CONDE, PERFECTO
O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo. Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito días mantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que «igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición de detective», en palabras de Manuel Rivas.
Estamos ante un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida, un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero e auténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informacións históricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.