Axenda
06 OCT
Presentación de O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa.
O venres 6 de outubro presentamos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa.
O azul entre o ceo e a auga conta a historia dunha familia palestina a través de diversas xeracións de mulleres que nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza.
Este é o terceiro título da colección Candemaia, unha interesante proposta impulsada por Rocío Viéitez para a editorial Laiovento que consta de libros escritos e traducidos por mulleres.