- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA S.L.BS
- Ano de edición:
- 2020
- Materia
- Álbumes ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-043-0
- Páxinas:
- 40
- Colección:
- TRAS OS MONTES
NO OVO
SQUILLARI, EMMA LIDIA
Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños,
cores e texturas- unha criatura a piques de nacer. Ao principio,
o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero axiña
o espazo vai minguando a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer!
O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo
unha ducia de especies ovíparas -entre aves, mamíferos e réptiles- habitan neste libro
no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións.
Nelas está a chave para comprender o sentido do texto,
breve, sinxelo e enigmático.