LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACH. LOMLOE

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACH. LOMLOE

GONZÁLEZ AVIÓN, ISABEL / ÍNSUA LÓPEZ, EMILIO

41,00 €
IVE incluído
Comunicarse antes por correo
Editorial:
BAIA EDICIONS
Ano de edición:
2022
Materia
Libros de actividades
ISBN:
978-84-9995-400-4
Páxinas:
392
Colección:
6< Genérica >
41,00 €
IVE incluído
Comunicarse antes por correo
Engadir a favoritos

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula.

As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua".

A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS.

Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional...

Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso.

Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima.

Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias:

- o traballo en equipo.
- as competencias dixitais.
- as competencias orais multimodais.
- a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes.
- o sentido crítico e a selección de información pertinente.
- a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.
- o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...)

As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.

Artículos relacionados