- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2005
- Materia
- Libros prácticos
- ISBN:
- 978-84-96526-23-5
- Páxinas:
- 448
- Colección:
- GUIA DA NATUREZA. BAIA VERDE
GUÍA MICOLÓXICA DOS ECOSISTEMAS GALEGOS
CASTRO CERCEDA, MARISA / JUSTO FERNÁNDEZ, ALFREDO / LORENZO CASTRO, PURIFICACIÓN / SOLIÑO PÉREZ, ANA
Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades.
A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu.
A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, ...dicir rula e abidueira e dorna e fonte... fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte..., para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.