EXHORTACIÓN Á DEASOBEDIENCIA

EXHORTACIÓN Á DEASOBEDIENCIA

BEIRAS TORRADO, XOSÉ MANUEL

14,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL LAIOVENTO
Ano de edición:
2013
Materia
Pensamento e ensaio
ISBN:
978-84-8487-235-1
Páxinas:
108
Colección:
ENSAIO
14,00 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da “Declaración de Láncara”, que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro “Facer País” en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel.

Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a una creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: “só é utópico aquilo que non se loita por acadar”.

Artículos relacionados