- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA
- Ano de edición:
- 2022
- Materia
- Poesía en galego
- ISBN:
- 978-84-1110-156-1
- Páxinas:
- 104
- Colección:
- POESIA
BAIXO TERRA. NO AR
LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUEL
O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo. En «Baixo terra. No ar» un personaxe en estado de ansiedade loita contra a realidade por atopar a porta de fuxida. Só no instinto fica a propia condición. Nese proceso procura o «eu» máis auténtico no «ti» en que se reflicte. Unha historia de amor sen desenlace posíbel.